domingo, 18 de diciembre de 2011

CARTA Ó AMIGO/a INVISIBLE
     O Nadal, ademáis de ser tempo de vacacións, de felicitacións,  de festas,  de agasallos…é  sobre todo, tempo de paz, de amor,  de ledicia,  de facer un pouco máis felices ós que nos arrodean... Imos darlle unha satisfación ó compañeiro ou compañeira que nos tocou en sorte, escribíndolle unha carta baixo o anonimato do amigo invisible. Aí van algúns consellos:
1º.- Mantén o secreto do anonimato.
2.- Non penses en que á persoa que che tocou non tes nada que decirlle, que preferirías que che tocara outra, son as regras do xogo.
3.- Pensa nas calidades que ten o teu destinatario/a e trata de destacalas, non esquenzas que a todos nos gusta que nos valoren.
4.- Expresalle os teus mellores desexos para este Nadal.