viernes, 7 de septiembre de 2012

BENVIDOS A QUINTO

    Ola a todos e todas. Xa estades no terceiro ciclo de primaria. Incorporadesvos a unha aula dixital do programa ABALAR, polo que a ferramenta de trabalo máis importante neste ciclo será o ordenador. Moitos de vós supoño que xa tedes ordenador nas vosas casas. Este que vedes aquí é un miniordenador que será co que traballaredes na aula. O seu manexo cambia un pouquiño porque os que tedes nas vosas casas, supoño que teñen o Windows, como sistema operativo e estes utilizan un software libre que se chama LINUX, pero xa veredes que o seu manexo é moi sinxelo. As actividade que fagamos a diario aparecerán neste blog http://ocaseto.blogspot.com.es/, que será o taboleiro no que aparecerán as tarefas de clase.