miércoles, 27 de abril de 2011

LINGUA GALEGA. Comprensión lectora.

Despois de ler con atención o texto de Manuel María "MANUEL DE PADERNA" do teu libro de Lingua Galega, pax 160-161, realiza no teu procesador de textos estas actividades:
1.- Onde transcorre a historia e onde se atopa ese Concello?
2.- Quen son os personaxes desta historia?
3.- Relaciona cada información co personaxe que lle corresponda:

a) Dicía que a cabeza só era útil para levar boina ou sombreiro.
b) Fixo agromar un regato.
c) Inventaba versos.
d) Tiña unha cabeza moi grande
e) Falaba cos paxaros:

O ALCALDE:
O AGUACIL: 

3.- Que encomendas lle encargaba o alcalde ó aguacil?
4.- Que acción levou a cabo D. Capitón para amolar máis a Manuel de Paderna?
5.- Como se sentía o aguacil co trato que lle daba o alcalde?.
6.- De  que acusaba o alcalde a D. Manuel Paderna?
7.- Que pretendía o alcalde con esas acusacións?
8.- Que che parece das esixencias do alcalde? E da actuación do alguacil? Quen che parece que ten razón?
9.- Despois de ler o texto e realizar estas actividades, seguro que te fas unha idea de como eran os dous personaxes. Fai unha pequena descripción de ambos, atendendo ós seus rasgos físicos, que tes que imaxinalos,  e de personalidade.
10.- Resume brevemente o contido deste texto.
11.- Este texto pertenece a  unha narración, titulada A Tribo ten catro ríos da que o autor é Manuel María. Pincha nesta ligazón e busca informacion sobre este escritor e explica por qué a acción desta historia terá lugar en outeiro de Rei

No hay comentarios:

Publicar un comentario