Copia estas actividades no teu procesador de textos e realízaas a modo de repaso do tema 11.
1.- A poboación española pasou dos vinte millóns de habitantes de principio do século XX ós corenta e sete da actualidade. Cales foron as razóns que explican ese crecemento da poboación?
2.- Explica como inflúen na poboación estes elementos: natalidade, mortalidade e movementos migratorios.
3.- Friol ten unha extensión de 290 km2 e unha poboación de 4.300 habitantes, Burela ten unha extensión de oito km2 e unha poboación de 10.000 habitantes. Calcula a densidade de poboación dos dous concellos e explica a que se debe esa grande diferenza.
FRIOL:
BURELA:
4.- España e, especialmente Galicia, foron tradicionalmente e, ata non hai moito tempo, países de emigrantes; hoxe pola contra, son receptores de inmigrantes. En relación con isto explica:
a ) Que é a emigración?
b? Que é a inmigración?
c) Por que España pasou de ser un país de emigrantes a ser un país de inmigrantes?
d) Cales foron nas diferentes épocas os lugares de destino dos emigrantes galegos?
5.- En relación coa actividade laboral das persoas. Define este conceptos:
a) Poboación activa
b) Poboación inactiva
c) Poboación ocupada
e) Poboación desocupada
6.- Cando falamos dos recursos económicos dun país e da ocupación das súas xentes, referímonos as tres sectores: primario, secundario e terciario. Explica en que consiste cada un e cales son as principais actividades de cada sector en Galicia.
a) Sector Primario:
b) Sector Secundario:
c) Sector terciario:
No hay comentarios:
Publicar un comentario