jueves, 29 de septiembre de 2011

COMPRENSIÓN LECTORA (Lingua Galega)

Le o texto de Álvaro Cunqueiro "Marcelino Pardo" do teu libro de Lingua Galega nas paxs. 20 e 21 e logo realiza estas actividades no teu procesador de textos:

1.- VOCABULARIO. Coa axuda do diccionario explica o significado destas expresións:

1.1.-Escoita aquela pingada seguida que convida a mexar:
1.2.-Chegara a nova das humidades nocturnas:
1.3.-Íase coa música do pingueo a outra parte:
1.4.-Dende a epidemia de gripe do ano dezaoito ninguén o sentiu.
1.5.-Algún debeu quedar escondido nalgún lugar acasarado.
1.6.-Cando as fontes abren tras os diluvios do inverno.

2.- COMPRENSIÓN DO TEXTO. Contesta ás seguintes cuestións:

2.1.- Que problema tiña Marcelino?
2.2.- Cal era reacción dos seguintes personaxes  da lectura diante do  problema de Marcelino?
a) Do pai:
b) Da nai:
c) dos irmáns e dos amigos:
2.3.- Ata que idade lle durou o problema a Marcelino?
2.4.- Describe brevemente como era o gatipedro.
2.5.- Marcelino foi a consulta dun médico e dun menciñeiro. Que diferencia cres que existe  entre un médico e un menciñeiro?
2.6.- Que diagnóstico fixo cada un, que lle recetaron e cal receta foi efectiva?.
2.7.- Onde lle tocou facer o servicio militar a Marcelino e para que lle botou a súa nai catro libras de sal na maleta?
2.8.- A quen lle contaba Marcelino  a historia do gatipedro? Cantos anos che parece que podía ter entón Marcelino e por que o sabes?
2.9.- O texto di que esa historia ía variando. En que sentido variaba e por que cres que ocorriría iso?
2.10.- Resume brevemente o contido deste texto. Faino seguindo este guión: Problema de Marcelino, causa do problema, resolución final.

3.- AMPLIACIÓN DE COÑECEMENTOS. Álvaro Cunqueiro é un dos escritores máis importantes da literatura galega. Pincha nesta ligazón e infórmate sobre a vida e a obra deste escritor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario