OS POSESIVOS
Os posesivos son palabras que acompañan ou substitúen ó substantivo, expresando a quen pertence un ser ou un obxecto. Os posesivos indican a persoa gramatical e se hai un posuídor ou varios. Os posesivos poden funcionar como determinantes, cando van diante do substantivo ( a nosa casa), como complementos, cando van despois do substantivo (a casa nosa) e como núcleos, cando van en lugar do substantivo ( a nosa é nova).
Estudia no teu libro de Lingua Galega, páx. 38 as formas dos posesivos.
ACTIVIDADES: copia no procesador de textos estas actividades e realízaas.
1.- Marca en vermello os posesivos: voso esta meus nós súa sempre as tiña miña cinco túa eu música nosas vós vosos elas.
2.- Nas oracións seguintes marca en amarelo os posesivos e di que función desempeñan
O noso é o mellor equipo da liga: ________________
Onte coñecemos unha curmá túa:________________
As súas amigas son fantásticas: ________________
Se che cómpre unha regra, colle a miña:______________
Sabela vai ao voso colexio: ______________________
Raúl sempre fai das súas_____________________
3.- No seguinte texto marca en vermello os posesivos e logo analízaos, seguindo o esquema:
O sábado pasado meus irmáns e máis eu visitamos a vila dos teus avós. Fomos cos nosos tíos á casa duns amigos seus, que teñen un neto que se chama Miguel. Resulta que Miguel é amigo dunha irmá túa. De feito di que aqueles cadros que tedes colgados na sala son seus porque el presume de ser un gran pintor e sempre di que as súas acuarelas son moito mellores coas miñas
POSESIVO | Nº | XÉNERO | FUNCIÓN | Nº POSU. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario