Vexamos agora un conto popular:
O AVÓ E O NETO
Un avó e o seu neto embarcáronse nunha viaxe e foron acompañadas por un burro para facer a viaxe máis lixeiros. O avó decidiu que o neno fose montado no burro para que non cansara e el iría a pé, ó carón do animal. Cando pasaron a primeira vila, os veciños comezaron a exclamar:- Que vergoña! O que cómpre ver! O pobre vello ten que ir a pé, mentres que o neno vai no burro. É inaceptable!
Tendo en conta estes comentarios decidiron que o avó debía ir no burro e o meniño a pé. Eles pasaron outra cidade e os seus habitantes ó ver a escea dixeron:
- ¿Que falta de caridade! É imperdoábel! O home viaxa confortablemente sobre o burro e deixa o neno ir a pé!
O avó e o neno, a continuación, decidiron ir os dous montados no burro e pasando por outra aldea, os veciños comezaron a reprendelos:
- Sodes persoas ruíns ! Pobre burro ! Ambos montados nel! Mereciades unha malleira!
Entón o avó e o neto decidiron camiñar ó lado do animal. Pasando por outra aldea, a xente ríase deles:
- Que par de fatos! Teñen un burro e os dous van a pé!
O avó dixolle ó neno:
- Meu neto querido, fagas o que fagas, sempre haberá xente que te critique.
Despois de ler este conto popular escribe ti un no teu procesador de textos no que os protagonistas sexan un pastor e o seu can. Antes de empezar tes que facer un pequeno esquema do que vai ocurrir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario