jueves, 17 de noviembre de 2011

LINGUA GALEGA (Gramática)

OS NUMERAIS E INDEFINIDOS

Repasa con atención a información sobre os numerais e indefinidos que aparece no teu libro de Ed. Santillana páx. 52 e logo copia estas actividades no teu procesador de textos e realizaaas.

1.- Marca en verde os numerais que atopes no seguinte texto e logo clasifícaos:

É a segunda que vez que a Sra Neves Serra da a luz a xemelgos. Hai seis anos tivo os primeiros. Os meniños son moi guapos. O primeiro pesou dous quilos novecentos gramos e o segundo, tres. Os pais están moi ledos, pero din que non haberá unha terceira vez. Con catro fillos xa teñen abondo.

CARDINAIS:

ORDINAIS:

2.- Escribe en letra o cardinal ou ordinal que corresponda:

35 ovellas, 22º aniversario, 78 uvas

96 alumnos, 15º festival de cine, 6º andar.

3.- Marca en vermello os numerais e os indefinidos que hai neste texto e logo analízaos seguindo o exemplo. As palabras que aparecen repetidas non é necesario volver a analizalas.


Unha pregunta

O profesor fala coa alumna:
-O teu exame non está mal. Das sesenta preguntas, respondiches ben moitas, pero do primeiro bloque non respondiches ben ninguna. Como é a terceira avaliación e non me gusta suspender a ninguén, fareiche unha pregunta calquera e, se a respondes ben aprobareite. Sabes por que algunhas veces nacen xemelgos?
-Si!
-Ben, pois por que?
-Ah, non. Dixo só unha pregunta e vostede faime dúas.


PALABRA
CLASE
SUBCLASE
FUNCIÓN
Unha
indefinido

Determinante




































No hay comentarios:

Publicar un comentario