O acento diacrítico é aquel que permite distinguir palabras case iguais, Estes son os casos máis comúns:
| a (prep. ou art.) | á (contracción) (corpo da ave) |
| cha (ches + a) | chá (fem. de chan) |
| mais (conx.) | máis (adverbio) |
| pe (nome de letra) | pé (fin da perna) |
| ven (de ver) | vén (de vir,) |
| bola (de pan) | bóla (de xogar) |
| nós (tónico) | nos (átono) |
| vós (tónico) | vos (átono) |
| so (=baixo) | só (=nada máis) |
| oso (animal) | óso (do corpo) |
| fora (do verbo ir ou ser) | fóra (adverbio) |
| Compre (de comprar e cumprir) | cómpre (de cumprir (=ser mester) |
| polo (contracción) | pólo (=extremo) |
| pola (contracción) e galiña | póla (=rama) |
| e (conxunción) | é (verbo) |
| Ves, ven (verbo ver) | Vés, ven (verbo vir) |
| as (artigo e pronome) | ás (a + as) (corpo da ave) |
| do ( de + o) | dó (compaxión) |
| da, das ( de +a, de + as) | dás (verbo dar) |
| por (preposición) | pór (verbo poner) |
| O (artigo ou pronome) | ó (a + o) |
Agora copia estas actividades no teu procesador de textos e pon os acentos que falten.
As seis iremos a festa que organizan as nosas veciñas. El da seis euros para o agasallo; ti canto das?. Dame moito do del porque e moi bon home. Teño unha amiga que vive na Terra Cha, xa cha presentarei. Ese home vivia so no monte e durmia so un carballo. El queria gañar mais cartos, mais por mor da crise dixeronlle que non lle podían aumentar o soldo. O xogador do Friol deronlle unha patada e estiveron a punto de romperlle un pe. Ai ven o paspan do teu curman; seguro que as tuas irmas non o ven porque ven camiñando ben pegado o valado. A miña nai coceu o sábado e fixome unha bola de mazas, que estaba riquísima, despois de comela fixen unha bola de neve. Eu non vos trouxen nada porque vos tampouco nos trouxesteis nada a nos. Atoparonse varios osos de herbivoros nesa cova de osos. Se non fora por botar o can fora, non me erguia da cadeira. Cando merque cousas, non compre por comprar, xa que nos tempos de hoxe, compre saber ben o que se merca. Subindo polo Atlantico, chegaras o polo norte e descendendo polo Pacifico, chegaras o polo sur. “Finisimo Po Nas As” é unha obra de Xerardo Quintiá. Por por os pes enriba da mesa, castigoume o mestre.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarCHEIRA ESTA PAXINA !!
ResponderEliminar