lunes, 28 de mayo de 2012

LINGUA GALEGA. Tema XIII. COMPRENSIÓN LECTORA : Ulises e as sereas

Le o texto do teu libro de Lingua Galega "Ulises e as sereas", páxs. 174 e 175 e despois realiza estas actividades.
Pincha sobre esta ligazón e infórmate sobre a Odisea, epopeia escrita por Homero no século VII antes de Cristo.
Agora contesta a estas preguntas sobre a lectura.
1.- Onde se atopaban Ulises e máis os seus?
2.- Quen era Circe?
3.- Que facían as sereas para atraer os mariñeiros?
4.- Que facían con eles,  unha vez que os atraían á illa?
5.- Que lle aconsellou Circe que fixeran os mariñeiros cando pasaran preto da illa das Sireas?
6.- Que fixeron con Ulises para que puidera escoitar os cantos das sireas sen ser capturado por elas?
7.- Completa cos seguintes enunciados o seguinte esquema da lectura:
- Ulises ordena aos seus homes tapar os oídos con cera e atáreno a el ao pau maior da nave.
- Hai posibilidades de naufragar enfeitizados polos cantos das sereas.
- Ulises decide coller a ruta da Illa das Sereas.
- Ulises e os seus homes sálvanse do naufraxio.
- Ulises quere volver a Ítaca o máis axiña posible.

OBXECTIVO:
ACCIÓN:
PROBLEMA:
SOLUCIÓN:
RESOLUCIÓN FINAL:

No hay comentarios:

Publicar un comentario