martes, 2 de octubre de 2012

COÑECEMENTO DO MEDIO.- Tema II ( O reino das plantas)

   As plantas son seres vivos que se diferencian dos animais en que non se desprazan e en que fabrican o seu propio alimento. As plantas clasifícanse en dous grandes grupos: plantas sen flores, carrizas e fieitos e plantas con flores:  ximnospermas, plantas con flores moi simples, sen carola e cáliz (piñeiros e cipreses) e anxiospermas, plantas con flores das que sae un froito e dese froito, sementes (maceira, nabos).
   As plantas, como todos os seres vivos realizan as tres funcións vitais: nutrición, relación e reproducción.
   FUNCIÓN DE NUTRICIÓN.-As plantas absorben pola raíz as substancias minerais do chan. Con esas substancias mesturadas con auga fabrican un zume (zume bruto) que sobe por uns vasos, chamados vasos leñosos ata as follas, onde coa luz do sol se transforma no zume elaborado que xa pode ser asimilado polas plantas e que se destribúe por todas as partes da planta mediante os vasos liberianos. Este fenómeno coñécese co nome de fontosíntese e durante ese proceso,  as plantas despiden  osíxeno e absorben dióxido de carbono. A respiración realízana polas follas e, como todos os seres vivos,  toman osíxeno e desprenden dióxido de carbono.
   FUNCIÓN DE RELACIÓN.- As plantas teñen unha función de relación moi simple, soamente se percibe en que se inclinan cara ó sol.
   FUNCIÓN DE REPRODUCCIÓN.- Existen dúas formas de reproducción. a reproducción sexual, na que o órgano fundamental é a flor. As flores nos estames producen o polen que arrastrado polo vento ou polos insectos, cae sobre outra flor, deixándoa fecundada, desa flor nace un froito e dese froito nacen unhas sementes, que son as que dan orixe a outras plantas. A reproducción asexual é propia dos tubérculos, dos rizomase  os espolóns
Para traballar estes conceptos, pincha sobre estas ligazóns:  ligazón 1, ligazón 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario