- Quen vos contou onte iso?
- Encontreivos na casa almorzando.
- Nunca volo ensinarei!
- Xa se decidira a iso cando vós chegastes.
- Non mas poñas aí que estorban.
- Ti escribe o que che pareza.
- Déillelas porque non me servían.
- Eles lavábanse sempre usando xabón do caro.
- Non chas quería nin regaladas.
- Vostede faga o que queira.
- Comigo aprenderás moito; logo, explicarasllo ao teu irmán.
- Se non te convence, únete a nós.
- Xa che llelo emprestei onte.
- Caéuchevos unha pedra grandísima.
- A ela recolleuna seu pai.
- Non lles teñas medo, que non te van comer.
- Vós nunca vos decatades do que pasa.
- Se mos deixas ver, douche un caramelo.
- Fanse moitas cousas ao revés.
- Anda a convencerse a si mesmo.
- Veuno traer onte cando te ías.
- Convosco, nós nunca chegaremos a nada.
- Escapouche o can? Pois déixao ir en paz.
- Moito lle me gusta o caldo de nabizas.
- O mellor será deixalos quedar así.
- Este can non che me come nada
sábado, 19 de enero de 2013
LINGUA GALEGA.OS PRONOMES PERSOAIS
COPIA E PEGA NO TEU PROCESADOR DE TEXTOS E LOGO MARCA EN VERMELLO OS PRONOMES PERSOIS QUE ATOPES NAS SEGUINTES FRASES.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario