jueves, 12 de mayo de 2011
LETRAS GALEGAS 2011 (Lois Pereiro)
Dende o ano 1963 a Real Academia Galega adica cada DEZASETE DE MAIO a honrar e homenaxear a un escritor que destacara pola súa creación literaria na Lingua Galega e pola defensa dese idioma. Escolleuse esa data porque tal día coma a ese, en 1863, na cidade da Habana (Cuba), publicouse o primeiro exemplar do libro de Rosalía de Castro "Cantares Galegos", que significou o principio do rexurdimento da Lingua Galega, na creación literaria. Hogano esta homenaxe dedícaselle ó escritor nacido en Monforte de Lemos, LOIS PEREIRO, que significa o nº 48 dos escritores ós que se lles dedicou o DÍA DAS LETRAS, que ten, como condición, o feito de que a persoa á que se honra debe levar polo menos dez anos falecida. Imos agora realizar estas actividades sobre a vida e obra de Lois Pereiro. Pincha nesta ligazón e logo nas actividades correspondentes ó 3º ciclo de Primaria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario