miércoles, 19 de octubre de 2011

LINGUA GALEGA (Comprensión lectora)


O PENEDO DAS DONCELAS
Le con atención o texto do teu libro de Lingua galega, paxs. 34-35 e logo realiza no teu procesador de textos estas actividades.

1.- VOCABULARIO. Explica o significado das seguintes expresións do texto. Fíxate ben no contexto que se atopan.

a) Ter algo para festexar aquel día.
b) Co albor estaba xa na saída da ría.
c) Había fadas apreixadas.
d) Eran lerias para entreter cativos.
e) A súa cisma durou pouco.
f) Peiteábanse sobre unha pucharca.
g) Debullou os ollos e volveu ao axexo.
i) Estaba nestas teimas.
k) Falou ás toas.
l) Unha luz alagou nun repente.
m) Saltou de tras das laxes.

2.- COMPRENSIÓN DO TEXTO

a) Quenes son os dous protagonistas desta lectura?
b) Escribe toda información que che ofrece o texto de cada un.
c) Cando e onde ocorre esta historia?
d) Que historia lle tiña contado a avoa a Remixio?
e) Que ocurriu entre Remixio e a fada Sara?
f)  Como logrou Remixio reter a fada e convertila en ser humano?
g) Por que o puido conseguir?
h) Resume brevemente o contido deste texto.
i)  Coa información do texto e coa túa imaxinación realiza unha breve descripción de Remixio e máis de Sara.
k) Carlos G. Reigosa é un escritor lugués, natural da Pastoriza. Pincha nesta ligazón de Galipedia e le a informacion que aí aparece deste escritor e xornalista.
l) A noite de S. Xoán é unha das festas tradicionais de Galicia e de toda España. Pincha tamén nesta ligazón de Galipedia e infórmate sobre esa noite máxica


No hay comentarios:

Publicar un comentario