sábado, 10 de diciembre de 2011

LINGUA GALEGA (Os verbos I)

OS VERBOS
 Realiza estas actividades no teu procesador de textos:

1.- Marca en vermello as formas verbais deste texto de Manuel Rivas:

    
No soño de onte, o que facía sorrir cando a sirena da ambulancia abría camiño cara a ningures, era que ela patinaba entre plantas e porcelanas, nun salón acristalado, e viña parar aos meus brazos.
    Pola maná, á primeira hora, fora vela ao Hiper. O seu traballo era surtir de cambio ás caixeiras e levar recados polas seccións.
    Para encontrala, só tiña que a agardar na beira da Caixa Central. E alí chegou ela, patinando con graza polo corredor encerado. Deu medio xiro para frear, e a longa cabeleira morena ondeou ao compás da saia plisada vermella do uniforme.
- ¿Que fas por aquí tan cedo, Tino?
- Nada. -Fíxenme o despistado-. Veño por comida para a Perla.
    Ela sempre lle facía carantoñas á cadela. Escuso dicir que eu o tiña todo moi estudado. O paseo nocturno de Perla estaba rigorosamente sometido ao horario de chegada de Lola.

    Eran os minutos máis preciosos do día, alí, no portal do bloque Tulipáns, barrio das Flores, os dous facéndolle carantoñas a Perla. (...)

2.- Agora escribe o infinitivo dos verbos que señalaches:

3.- Nas seguintes formas verbais separa a raíz e a desinencia:

VERBO

RAÍZ

DESINENCIA
BAILABADES
BAIL
ABADES
BAILARÍA
SUBIRÁS
DECIDICHES
PERDÍN
PARTICIPAS
ESTAMOS
CONVERTAN

4.- Escribe o verbo no infinitivo, xerundio e participio que lle corresponde a cada definición:

Escapar correndo dun sitio....
Descansar cos ollos pechados....
Saír do ventre da naí...
Deixar de vivir....
Ter medo de algo....
Desplazarse dun lugar a outro....
Subir a un avión ou a un barco...
Aplicar unha vacina....

Expresarse oralmente....
Expresarse por escrito...

5.- O texto, que liches, pertenece a unha novela de Manolo Rivas:"Que me queres amor?", que é un dos máis coñecidos escritores galegos da actualidade. Pica sobre esta ligazón e infórmate sobre a súa vida e obras


No hay comentarios:

Publicar un comentario