lunes, 19 de septiembre de 2011

COMPRENSIÓN LECTORA. Lingua Galega

Le con atención a fábula do teu libro de Lingua Lalega A AGUIA E A TOUPA  de MARIO PEREIRA e despois copia estas cuestións e pégaas no teu procesador de textos para realizar as actividades.

1.- VOCABULARIO. Explica o significado destas expresións do texto:

1.1.- Despois de outear e outear por todos os lados:
1.2.- Deixouse caer en picado:
1.3.- Non fagas rexouba de min:
1.4.- A aguia non puido coutar da risa e ceibou unha gargallada:
1.5.- Os ollos puxéronselle larpeiros:
1.6.- A toupa liscaba aínda co medo no corpo:

2.- COMPRENSIÓN DO TEXTO.

2.1.- Quenes son os personaxes que protagonizan esta narración?
2.2.- Que estaba a facer a toupa cando chegou aguia?
2.3.- A aguia burlouse de dúas cousas da toupa. De que cousas se trataba?
2.4.- Cal foi a primeira intención da aguia ó ver a toupa?
2.5.- Como conseguiu  a toupa que aguia cambiara de opinión?
2.6.- Como remata a historia?
2.7.- Escribe dous adxectivos que definan a personalidade da aguia e outros dous que definan a personalidade da toupa.
AGUIA:
TOUPA:
2.8.- Como xa se dixo antes este texto é unha fábula. Pincha nesta Ligazón, le a información sobre a fábula e  resume brevemente as características deste xénero literario.
2.9.- En toda narración existen tres partes: presentación, nó e desenlace. Resume moi brevemente estas tres partes nesta fábula:
PRESENTACIÓN:
NO:
DESENLACE:

No hay comentarios:

Publicar un comentario