Velaí un exemplo dunha descrición dun lugar:
O CUARTO DE UXÍA
Onte fun a casa de Uxía, xa me convidara hai tempo e por fin dei convencido ós meus pais para que me deixaran ir. Uxía vive nuha casa de pedra ás aforas da vila. Cando chegamos, despois de saúdar ós seus pais fumos escoitar música a súa habitación, que está ó final do corredor, xusto ó carón da do seu irmán Antón. O cuarto de Uxía é unha ampla estancia de forma rectangular, aínda que un pouco irregular. As paredes está pintadas dunha tenue cor rosa e o chan e o faiado son de madeira barnizada. Á dereita da porta ten a súa cama cuberta cunha colcha floreada e chea de bonecas. Ó lado da cama ten unha mesiña, na que hai unha pequena lámpada e unha foto familiar. Ós pés da cama ten unha mesa de estudio e ó lado o ordenador e o aparello de música. Da parede colga un enorme póster de Justin Bieber, que é seu cantante favorito. Ó outro lado da cama ten unha fiestra cun pequeno balcón, dende a que se ve a ponte que pasa por encima do río e que comunica a casa de Uxía coas outras da aldea. Á dereita da cama hai un armario e uns estantes cheos de adornos. Ó lado do armario hai outra porta que da a un pequeno cuarto de baño. Menuda sorte ten Unxía!...Un baño para ela soa e, encima, dentro do seu propio dormitorio!
___________________
Agora abre o teu procesador de textos e realiza unha descrición do teu dormitorio. Podes describilo tal como é, ou imaxinalo, e describilo como che gustaría que fora.Tes que coidar a a expresión, a puntación e a ortografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario